Inclusión das Magnolias da Alameda no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras

Inclusión das Magnolias da Alameda no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras

No mes de novembro de 2013, a Asociación Cultural A Devesa de Noia, remititu un escrito dirixido á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galiza, para solicitar a inclusión das coñecidas como "Magnolias da Alameda" no catálogo galego de árbores senlleiras.

No pasado mes de xuño, más de ano e medio despois, recibiron contestación da administración, denegando a inclusión en dito catálogo. A motivación desta denegación é que "a formación obxecto da solicitude non cumpre cos requisitos necesarios".

Sen entrar a valorar a xustificación da administración, desde o Consello Local do BNG queremos poñer de manifesto que apoiamos esta, e calquera outra actuación, dirixida a poñer en valor o patrimonio natural dos noieses.