O lamentábel estado de conservación da estación de autobuses

O lamentábel estado de conservación da estación de autobuses

Que os usuarios e veciños de Noia teñamos que ler na prensa comarcal que a Consellería de Territorio e Infraestructuras veña de facer obras na Estación de Autobuses da localidade, e as mesmas conseguiron poñer fin a todas as deficiencias existentes no recinto, pon de manifesto que os creadores de realidade virtual non teñen reparos en mentir para intentar facernos ver do branco negro. Iso funcionará con cidadáns que vivan lonxe de aquí, ou mesmo que vivindo aquí, non sexan usuarios deste equipamento colectivo.

Estado da estación de autobuses

Estado da estación de autobuses

Na propaganda publicada por dita Consellería chégase a dicir que: “no caso noiés, os problemas que carrexaban eran históricos, e o máis grave constituíao as filtracións de chuvia ao interior do inmoble. De feito, era frecuente ver cubos recollendo a auga das goteiras nas instalacións.”

Estado da estación de autobuses

Estado da estación de autobuses

Pois ben, nunha visita realizada por membros do BNG da localidade, na tarde do luns día 19 deste mes púidose comprobar que as únicas obras levadas a cabo no citado recinto foron, a construción de dúas ramplas de acceso para persoas con algún grao de discapacidade, a colocación dunha varanda e o arranxo mínima do peche perimetral que da ao Peirao do Marqués. O resto das deficiencias seguen todas elas, a saber:

- Filtracións da auga da chuvia no interior do edificio que se acreditan coa existencia de cubos na tarde do día de onte.

- Mal estado das plataformas de acceso aos vehículos, con perigo real para os viaxeiros que teñan dificultade á hora de levantar os pés do solo.

- Diversas humidades nas paredes interiores, así como o estado do reloxo parado ás 10:00 horas, desde hai unha chea de tempo.

Estado da estación de autobuses

Estado da estación de autobuses

As mulleres e homes do BNG vivimos moi intensamente, hai xusto agora vinte anos, a loita desenvolta para a construción deste equipamento colectivo (expediente administrativo de dificultosa tramitación: expropiación de parte da parcela, e rescate dunha antiga concesión administrativa de Portos, co que houbo que chegar ata o Consello de Estado, que naquel entón recoñeceu punto por punto os argumentos esgrimidos desde a administración local).

Estado da estación de autobuses

Estado da estación de autobuses

Non é de recibo que a Xunta de Galicia engane á cidadanía como é o caso concreto desta situación, o que nos leva a sospeitar que nos engana noutras moitas máis, sen que nós teñamos a capacidade de contrastar a información oficial facilitada aos medios de comunicación de titularidade privada. Demandamos, xa que logo, da Consellería correspondente unha actuación integral que poña fin ás deficiencias que na actualidade sofre a Estación de Autobuses de Noia.

Estado da estación de autobuses

Estado da estación de autobuses

* tódalas fotos foron tomadas o día 19 de xaneiro de 2015

O lamentábel estado de conservación da estación de autobuses