Sobre a proposta da Marea Cidadá para a conformación dun goberno de progreso en Noia

Sobre a proposta da Marea Cidadá para a conformación dun goberno de progreso en Noia

Perante a proposta da Marea Cidadá dirixida ao BNG para a conformación dun goberno municipal de progreso en Noia, o Consello Local do BNG despois de analizala, acordou o seguinte:

 

- O noso Grupo, diante do momento de inestabilidade do actual goberno local, estaría disposto a cambiar esta situación e contribuir a un goberno de progreso forte e estábel. Para isto sería inexcusábel que este goberno estivera integrado polas catro forzas políticas que darían a maioría absoluta no Pleno da corporación (PSOE, NOIA, Marea Cidadá e BNG).

 

- Para o BNG sería condición sine qua non a previa negociación dun programa de mínimos para executar nos próximos pouco máis de tres anos que restan de mandato a partir dos puntos xa acordados para a investidura do actual goberno.

 

- En calquera caso, esta proposta terá que ser tratada e refrendada pola Asemblea Local do BNG, que terá lugar nos primeiros días desta semana.

Sobre a proposta da Marea Cidadá para a conformación dun goberno de progreso en Noia