Posta en valor do patrimonio natural

Posta en valor do patrimonio natural

Dentro da nosa liña programática de valorización dos nosos recursos naturais, o pasado martes levamos a pleno unha moción sobre a fervenza de Argalo, que contou co apoio unánime da corporación e cuxo contido literal é o seguinte:

Fervenza de Argalo

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A Fervenza do río de Vilaboa, en Argalo, é a maior caída de agua que hai no termo municipal de Noia. Está situada nun entorno frondoso de fraga galega de ribeira. Pola sua singularidade e beleza trátase tamén dun atractivo turístico máis noso concello. Representa por tanto un lugar digno de visitar, contemplar e admirar. Por outra banda, a súa proximidade ao núcleo rural tradicional de Argalo e a non lonxana Anta do Paramo, fai que esta parte do concello revista especial interese.

Esta fervenza atópase actualmente impedida de acceso despexado e cómodo, sendo moi difícil chegar até o seu pé. Tampouco conta con sinalización axeitada para coñecimento da sua existencia e localización.

Por todo o dito, o Grupo Municipal do BNG propón ao Pleno da Corporación Municipal a adopción dos seguintes

Fervenza de Argalo

ACORDOS

1.- Iniciar as tarefas de desbroce e acondicionamento do sendeiro que dá acceso á Fervenza de Argalo pola sua parte máis baixa.

2.- Acondicionamento do terreno que se atopa na base da fervenza e desde o cal se pode observar e desfrutar da súa vista.

3.- Por tratarse dunha paraxe que integra en boa medida especies de fraga autóctona, promover a plantación destas especies nos seus arredores. Pola contra tomar as medidas legais necesarias para erradicar outras especies foráneas e prexudiciais para o entorno, nomeadamente eucaliptos.

4.- Axeitada sinalización deste lugar, a comezar polo inicio da estrada provincial que vai a Argalo e que arranca desde AC-550 (Cruce de Bergondo).

5.- Difusión da sua existencia en todos os medios de publicidade cos que conta o concello: guias turísticas, web municipal, etc.