O BNG DENUNCIA O ESTADO DE ABANDONO NO QUE SE ATOPA A CONTORNA DOS MUÍÑOS DA PEDRACHÁN.

O abandono da Pedrachán

20170721_121924
Lavadoiro
O abandono da Pedrachán

Numerosas pintadas no lavadoiro, carteis informativos ilexibles, falta de mantemento na contorna e acumulación de basuras conforman unha estampa lamentable coa que se atopan veciños e turistas cando visitan a zona dos muíños da Pedrachán, situados na contorna na desembocadura do río Traba, evidenciando que o actual goberno presidido por Santiago Freire non está a cumplir unha das múltiples promesas e anuncios que van quedando no caixón, como o foron o das actuacións que alén da realización de tarefas de mantemento, concretaríanse na zona coa creación dunha senda peonil e a colocación dunha pasarela flotante. A zona, recuperada no ano 2009 grazas ao traballo do BNG durante o seu paso polo goberno local, está sumerxida nun proceso de degradación que non se pode xustificar nun concello cun potencial turístico como o de Noia, que fai dos traballos de recuperación, mantemento e promoción do patrimonio tanto arqueolóxico coma natural algo imprescindible.

O abandono da Pedrachán