ACORDO PLENARIO NON EXECUTADO

Os incumprimentos do goberno de Freire: o proxecto Apego

Proxecto Apego
Proxecto Apego
Os incumprimentos do goberno de Freire: o proxecto Apego

En abril de 2016, a petición de pais e nais da nosa vila, o BNG levou a pleno unha moción para que o noso Concello adquirira o compromiso de dar os pasos precisos para formar parte do Proxecto Apego para a socialización d@s mais pequen@s en galego, proxecto do que forman parte un bo número de concellos. A proposta resultou aprobada por unanimidade, contando por tanto co apoio explícito do grupo de Freire, xa na alcaldía por aquel entón, logo dun debate sobre os datos que amosan que o galego está nun claro retroceso entre os nosos nenos e nenas.

Para formar parte deste proxecto cómpre que o Concello conte cun normalizador ou normalizadora lingüística, para o cal se tiña solicitado unha subvención á Deputación da Coruña a tal efecto durante o goberno de Miguel Paz.

Analizada a conta xeral de 2016, ano e medio despois atopamos que a subvención foi devolta con intereses e non se agarda que este goberno dea cumprimento a un acordo plenario que, como tal, é de obrigada execución.