SOLICITAMOS A RECUPERACIÓN DA ZONA OCUPADA POLO ANTIGO CAMPO DE ENTRENAMENTO DE SAN LÁZARO

No Día Mundial dos Humidais

A zona do antigo campo de entrenamento debe ser recuperada e reintegrarse no humidal
A zona do antigo campo de entrenamento debe ser recuperada e reintegrarse no humidal
No Día Mundial dos Humidais

O día 2 de febreiro celébrase o Día dos Humidais, data instaurada en recordo da Convención de Ramsar (Irán, 1971), na que varios países asinaron un acordo a favor da conservación dos humidais e da protección da súa biodiversidade. Os humidais, como cuna de diversidade biolóxica e fontes de auga, son vitais polos innumerables servizos ecosistémicos que nos brindan, mais diversos estudios demostran que a superficie e a calidade dos humidais, e polo tanto dos seus ecosistemas, está en perigo. 

En Galiza son cinco os humidais oficialmente recoñecidos: o complexo intermareal do Umia, O Grove e A Lanzada; as Rías de Ortigueira; o complexo de praias, lagoa e duna de Corrubedo; a lagoa e areal de Valdoviño e a Ría do Eo.
Sen embargo, sendo os anteriores os máis emblemáticos debido á súa envergadura, a maioría de humidais que existen no noso país están conformados por pequenas charcas que conteñen unha grande biodiversidade, exercen un papel fundamental na regulación do ciclo da auga ademais de protexer o noso litoral de enchentes e de actuar como depuradoras naturais.  A pesar da súa importancia medioambiental, estes ecosistemas foron tradicionalmente esquecidos e incluso minusvalorados. Campos de fútbol, centros de ensino, polígonos industriais, estradas, e outras moitas infraestructuras foron construidas sobre humidais. Este feito non é excepción no concello de Noia, pois o mesmo aconteceu co humidal da desembocadura do río Traba na nosa ría, situado no barrio de San Lázaro.

Plásticos e rodas

Así, a que pretendeu ser unha zona de lecer, disfrute e aprendizaxe, co paso dos anos convertiuse nun lugar no que se acumulan plásticos e demais resíduos (rodas, postes...), e no que se continuan a verter augas residuais, sufrindo ademais este humidal, coma tantos outros, as consecuencias de distintos recheos realizados na zona froito do que hoxe, dende outra perspectiva, podemos considerar decisións erróneas tomadas no pasado, mesmo por parte do BNG.

Poste no medio do humidal

Así e todo, a pesar das actuacións realizadas para recuperar as marxes e a contorna deste humidal, na actualidade a zona forma parte dunha paisaxe degradada que desgrazadamente está a volverse habitual na nosa vila. 
Diverso mobiliario de plástico e outros restos na marxe do humidal
É por iso que desde o BNG seguimos a reivindicar o necesario equilibro que ten que haber entre o progreso, a actividade humana e o respecto polo medio ambiente, esixindo que o actual goberno de Noia tome as medidas precisas para a recuperación do humidal do barrio de San Lázaro, que constitue unha importante depuradora natural das augas, e a posta en valor do noso patrimonio natural. Ademáis da recollida dos lixos que se reparten por toda a zona, consideramos que o vello campo de entrenamento debe voltar ser o que era, parte do humidal.

Emisario

Ante o mundo actual globalizador, individualista e insostíbel medioambientalmente, desde o BNG pensamos que as propostas que o ecoloxismo fai para o noso país (desde a educación ambiental até a custodia do territorio) danlle importancia ao colectivo, ao común, facendo fincapé na solidariedade, nos xestos xenerosos entre compañeiros e na importancia das pequena cousas. Por que non explorar a alternativa?

Podes obter máis información en http://www.charcasconvida.org/