EN ABRIL PRESENTAMOS UNHA MOCIÓN E DEZ PREGUNTAS POR ESCRITO

Pleno ordinario de abril

Antigo campo de entrenamento en San Lázaro
Antigo campo de entrenamento en San Lázaro
Pleno ordinario de abril

No pleno ordinario de abril, celebrado o pasado día 26, presentamos para o seu debate unha moción solicitando a recuperación do humidal do barrio de San Lázaro. A nosa proposta contou co apoio de tódolos grupos presentes na corporación e foi aprobada por unanimidade. Podes descargar o texto íntegro da moción aquí.

Neste pleno tamén formulamos preguntas por escrito sobre os seguintes temas:

  • A aprobación das actas nos órganos colexiados
  • O acordo plenario de novembro de 2016 polo que o Concello se opoñía á solicitude de vertedura das Minas de San Fins
  • O alcance das obras de dragaxe que comezaron nestes días no peirao do Marqués
  • A non inclusión de Noia no programa "Libros para sermos libres" da Deputación
  • A placa conmemorativa do bombardeo do 36 que estaba na rúa Galicia
  • As obras de rehabilitación do edificio situado no número 12 da rúa Rodríguez Cadarso
  • A substitución do balcón no inmoble do número 29 da rúa Canliña
  • O mobiliario urbano do casco histórico
  • O alumeado público no Campo de Noia
  • Os roubos nos comercios e negocios da vila

Podes descargar o documento co contido íntegro das preguntas aquí.