ESIXIMOS A DIMISIÓN DO ALCALDE POLA SÚA ACTITUDE MACHISTA

Santiago Freire debe dimitir

Santiago Freire debe dimitir

Dende o BNG non podemos mais que amosar o noso mais profundo rexeitamento ante a actitude do alcalde de Noia durante o acto institucional do pasado 8 de marzo, Día Internacional da Muller. As intolerables manifestacións de contido machista realizadas por esta persoa, calificadas como “chistes” non son mais que unha mostra de como a desigualdade e a minusvaloración da muller están perfectamente normalizadas e asumidas polas administracións públicas e os seus representantes, neste caso do Partido Popular. Esta situación se cabe é mais grave tendo en conta que o papel das administracións debera ser o de garantir a igualdade efectiva entre homes e mulleres.

Para o BNG a desculpa do señor Santiago Freire realizada agochado nun comunicado do seu partido, o Partido Popular, é a todas luces insuficiente. O señor Santiago Freire vinculou o bo nome de Noia a un feito degradante e denigrante para as mulleres. O señor Santiago Freire non nos representa nin ás mulleres nin á sociedade noiesa no seu conxunto. Por isto, e se lle resta un mínimo de dignidade, debería presentar a súa inmediata dimisión. Dende o BNG, en nome das mulleres, en nome da loita feminista e dende o pobo así llo esiximos.