O BNG DENUNCIA AS VERTEDURAS DE AUGAS SEN DEPURAR AO RÍO TÁLLARA

Vertedura no río Tállara

Vertedura no río Tállara
Vertedura no río Tállara
Vertedura no río Tállara

Os voceiros do BNG de Lousame e Noia, Amador Turnes e Irati García respectivamente, tras recibir unha queixa veciñal visitaron a zona onde está situada a vella depuradora do río Tállara, en Abeixón (Lousame) para comprobar in situ como se están a producir verteduras directas ao río sen nengún tipo de depuración, causando un problema de salubridade, mal olor e contaminación que cando suba o caudal do río terá como destino a ría de Noia. Este non é máis que un de tantos puntos de vertido de augas sen depurar que finalmente recalan na ría noiesa.

Hai escasos días o director de Augas de Galiza visitou a as inmediacións do río Tállara por mor dunha actuación na zona, obviando o estado desta vertedura que se produce de xeito constante, constituíndo un foco de contaminación situado preto de varias vivendas.

Lembramos que o río Tállara ven desembocar á ría de Noia pola zona de San Lázaro, onde o humidal está nun estado lamentable que xa foi denunciado polo BNG de Noia no actual mandato con motivo do Día Internacional dos Humidais, sendo aprobada a proposta de recuperación da zona polo pleno. Mais a recuperación da zona non se pode producir se as augas que se verten non son depuradas previamente.