O TEMA SERÁ TRATADO NA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO PLAN DO CASCO HISTÓRICO DO VINDEIRO XOVES.

O BNG de Noia solicita unha solución para a inseguridade na Corredoira e nas rúas perpendiculares.

Entrada á Rúa Corredoira
Entrada á Rúa Corredoira
Despois de atender as queixas veciñais, o noso voceiro municipal, Ricardo Suárez, enviou un rogo para que se traten na Comisión de Seguimento do Plan do Casco Histórico que se celebrará o vindeiro xoves ás 11h posibles solución á grande inseguridade xerada polo incremento do tráfico nas rúas Corredoira e as súas perpendiculares.
O BNG de Noia solicita unha solución para a inseguridade na Corredoira e nas rúas perpendiculares.

O grupo municipal do BNG de Noia traballa e seguirá traballando para escoitar e solucionar os problemas veciñais. Deste xeito, o noso voceiro municipal, Ricardo Suárez, atendeu a unha representación dos veciños da Corredoira e a súa contorna, os cales se amosan preocupados pola gran inseguridade xerada polo claro aumento do tráfico nesta zona.

Este tema é especialmente sensible para nós debido a nosa clara aposta por unha mobilidade segura e adecuada para todas as persoas. Esta zona está ademais considerada parte do casco vello e alberga puntos de especial interese para a cidadanía coma a biblioteca, a casa da cultura, a cruz vermella, os locais de ensaio, o cemiterio de Santa María ou a oficina de Correos, os cales provocan que a zona esté especialmente transitada por nenos e maiores.

Por estas razóns, presentamos a seguinte petición no Concello para que este tema sexa tratado na Comisión de Seguimento do Plan Especial do Casco Histórico que terá lugar este xoves ás 11h.

 

 

 

Exposición de motivos:

Cando se cambiou o trazado urbanístico do pobo, as Rúas Trabesía e Corredoira asumiron a conexión con Lousame e o Son a modo de atallo. O ver que a medida se estendía, fai xa un ano, reuníronse firmas por parte dos veciños, sen resposta, para a revisión desta trazado polos seguintes motivos:

No inicio, que aínda non moitos sabían do atallo, os coches entraban a toda velocidade, o que supoñía un problema de seguridade vial, polo que se implementaron os badéns.

Trala implementación dos badéns, o tráfico non só foi aumentando, senón que os coches, para esquivar os badéns comezaron a subir polas beirarrúas, supoñendo un risco que para todos os veciños nunha rúa tan estreita.

O subir pola beirarrúa, pasan por encima das alcantarillas xerando o eco correspondente a unha rúa tan estreita xa que, todas elas estaban soltas, menos dúas que se revisaron recentemente pola insistencia dos veciños. Isto provoca un ruído que non permite durmir en canto se reactiva o tráfico.

Os coches aparcan na rúa regularmente, xa que queda escondida. O día 7/10/019 chámase unha vez máis a policía Local xa que hai 4 coches aparcados na rúa; unha rúa curta e estreita; obrigando ao tráfico a ir tamén pola beirarrúa ademais de que en ocasións non  permite aos veciños nin saír dos portais.

No xiro á Corredoira, o día 6/10/19 a Ambulancia houbo de atropelar a unha persoa maior, debido o xiro perigoso que hai ó final da rúa, principalmente en vehículos medianos e grandes, posto que por aí pasan incluso camións, obrigando os veciños a arrimarse totalmente á parede.

Xera alto tráfico nunha rúa que debería ser peonil como é a Corredoira, onde normalmente a xente circula polo medio, sen saber onde están os límites cando circulan coches tanto dende a Trabesía, como da Carreiriña; nunha rúa na que ademais está a biblioteca pública e a Casa da Cultura.

A rúa, de pedra, foi moi alabada no seu momento. Hoxe está negra, e chea de manchas de aceite nas beirarrúas xeradas polos numerosos vehículos que aparcan, sendo esa a proba principal do que aquí se comenta.

Nesta rúa, as veciñas e veciños teñen trifulcas e comentarios recorrentes coa policía local e condutores.

Tanto a Travesía como a Corredoira eran rúas tranquilas, ata o cambio urbanístico, hai un grande descontento dos veciños. De non haber unha solución que asegure a seguridade dos veciños valórase unha denuncia de carácter legal contra o Concello.

 

Por estas razóns, propóñemos:

1: A revisión inmediata das gomas do alcantarillado.

2: Instar á Policía Local a facer un maior control das infraccións cometidas na zona debido á especial perigosidade do trazado mentres non se lle da unha solución permanente a estas rúas e establecer as medidas coercitivas e de disuasión precisas para controlar esta problemática.

3: Discutir nesta Comisión cales poden ser as mellores solucións para facer esta rúa totalmente segura para os peóns e chegar a un acordo sobre o prazo para acabar con esta problemática de xeito definitivo.