Sobre a compra do edificio do Casino

Sobre a compra do edificio do Casino

AS MENTIRAS VERTIDAS POLO PARTIDO POPULAR NO MOMENTO DA COMPRA DO EDIFICIO DO CASINO NON LLE IMPIDEN AGORA A SANTIAGO FREIRE ORDEAR O PAGO DO ÚLTIMO PRAZO E ANUNCIAR A SÚA PROXIMA REHABILITACIÓN.

Fonte: Diario ABC

Si o Partido Popular fose coherente cos argumentos esgrimidos cando no pasado mandato municipal se decidiu a compra do Edificio do Casino, hoxe terían que iniciar un expediente de discusión do prezo pagado á entidade financeira, ou reversión da compra, xa que naquel entón afirmaron que o prezo pagado estaba moito por riba do estipulado no mercado, acusando ao goberno daquel entón de facerlle un favor á corporación bancaria propietaria de dito inmoble; chegando incluso a afirmar que eles viran o prezo na páxina oficial da entidade, xusto pola metade do que se acabou finalmente pagando. Foron mentiras coma estas as que lle valeron ao PP para acadar os oito concelleiros que ao cabo posibilitaron que trunfase a moción de censura da semana pasada, para acceder á Alcaldía de Noia.

No relativo á rehabilitación anunciada hai que lembrar que o citado inmoble conta co nivel de protección estrutural e isto obrigará a unha intervención taxada polas determinacións do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Histórico; é dicir, as obras teranse que cinguir ás de conservación, restauración e rehabilitación quedando expresamente prohibidas as de reestruturación, adición de plantas ou as obras de nova planta.

O nivel de protección estrutural aplícase a inmobles dun alto valor histórico e arquitectónico, coma é o caso, debendo ser conservados con tratamentos específicos para o mantemento das súas fachadas, volumetría, elementos estruturais e características tipolóxicas, admitíndose obras interiores e exteriores de adecuación que non afecten a súa configuración orixinaria.

En canto aos usos anunciados non están lonxe do que se prevía no momento da compra, e os mesmos tamén serán susceptibles de cambios no transcurso do tempo.