Cuestións plantexadas polo BNG en Comisión sobre a obra de San Martiño

Cuestións plantexadas polo BNG en Comisión sobre a obra de San Martiño

Esta mañá está a suceder a Comisión de Seguimento do Plan Especial do Casco Histórico onde o noso voceiro, Ricardo Suárez, amosará as nosas dúbidas sobre o proxecto de accesibilidade á Igrexa de San Martiño coas seguintes preguntas:

1: Na rampa hai un tramo cun estreitamento de 99 cm de ancho. Pódese considerar esta rampa accesible sabendo que existe un tramo no que o ancho é menor aos 120 cm que sinala o CTE (Código técnico da edificación)?

2: No proxecto non ven o cálculo nin a cifra da pendente que no CTE se sinala debe ser menor ao 6% no caso de non contar con pasamáns a ambos lados e zócalos. Segundo os nosos cálculos esta pendente é maior, é isto así?

3: Pode verse que solapando a superficie que ocupa este elemento coa escalinata do Tapal, a súa superficie é case a metade do que ocupa esta escalinata principal e incluso é algo máis longa. De veras se consegue o menor impacto visual cando a rampa nova ten unhas tan considerables dimensións? 

4: Estamos de acordo con dar accesibilidade a San Martiño, pero a casa da cultura ten un problema de accesibilidade moito maior, por que non se lle deu prioridade a este investimento?

5: Cortouse un anaco das escadas anteriores, pódese nese caso considerar unha actuación reversible?

6: Os elementos introducidos son posibles de retirar pero debido a súa envergadura entendémolos como uns elementos de carácter fixo. Canto esforzo e desembolso levaría quitalo e poñelo?

7: De veras non existía ou non se explorou outra actuación realizable segundo a normativa que tivera un menor impacto visual?

8: Xa ocorreu unha primeira caída na rampa, consideran que a inseguridade puido ser o factor detonante?

9: Intuíndo que esta actuación podería ser cando menos polémica. Por qué non se tratou o proxecto coa veciñanza e o resto de grupos con anterioridade?