PREGAMOS AO CONCELLO E OUTROS NIVEIS DA ADMINISTRACIÓN QUE COLABOREN NA SÚA LOCALIZACIÓN

A importancia de localizar ás persoas que viaxaron co IMSERSO

En Galiza estanse a coñecer casos de coronavirus en persoas que viaxaron co IMSERSO. Dende o BNG de Noia pensamos que é de gran importancia localizar ao resto de persoas que formaron parte de estas viaxes grupais para poder velar pola súa seguridade e evitar que provoquen novos contaxios.
A importancia de localizar ás persoas que viaxaron co IMSERSO

O médico  preventivista do  Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac) Antón Acevedo, apuntou a existencia “dun número importante" de casos de persoas que viaxaron co Imserso no último mes a zonas do Levante, Cataluña e Comunidade Valenciana.

A Consellería de Sanidade fixo pública, mesmo a través das redes sociais, a procura das persoas maiores de Palma que participaran hai unhas semanas dunha viaxe do IMSERSO a Gandía, na Comunidade Valenciana, xa que unha das persoas participantes desta viaxe regresou a Palma cos síntomas do Covid-19. Por iso iniciouse a procura de polo menos unha treintena de persoas mais que participaron nesta viaxe que regresaron á illa a través dun vóo de Vueling.

Tamén a preocupación por un posible aumento de casos na zona de Macael relaciónase cunha viaxe do Imserso que se desprazou ata Benidorm con medio centenar de almerienses de distintas localidades, que se desenvolveu este mesmo mes de marzo, cando a pandemia xa era unha realidade.

Tamén as autoridades sanitarias detectaron un caso de coronavirus nun viaxeiro do Imserso que se atopaba de vacacións en Menorca. o Ib-Saúde activou o protocolo de vixilancia activa a varios membros do persoal do centro de saúde Canle Salat que estiveron en contacto co turista. A institución indicou que se sumaron 6 persoas aos 25 profesionais sanitarios que estaban en vixilancia activa por contacto con este paciente, de maneira que son 33 persoas da área de Saúde de Menorca.

Unha xubilada de Peñíscola e un pensionista de Benicarló, ingresados en planta no hospital de Vinaròs tras dar positivo en coronavirus despois de viaxar a Benidorm cunha viaxe do Ministerio.

Un turista do Imserso de 71 anos, procedente de Madrid, atopábase pasando uns días de vacacións en Ciutadella, nun hotel, cando comezou a ter síntomas. Este sábado acudiu ao centro de saúde da Canle Salat de Ciutadella para ser atendido, e por mor dos síntomas que presentaba practicáronselle as análises que confirmaron este domingo pola noite o positivo polo Covid-19.

No caso de Costa da Morte, autoridades sanitarias confirmaron o positivo dun xubilado ingresado en Cee tras contaxiarse nunha viaxe do Imserso a Lloret de Mar. Tamén hai outros tres posibles positivos en Malpica. Trátase de tres persoas, que recentemente realizarían unha viaxe do Imserso a Benidorm, como sucedeu cunha parella en Muxía.

Á vista destes continuos casos detectados entre pacientes do programa de vacacións para maiores e tendo en conta que se trata do grupo de poboación que sofre síntomas máis acentuados da enfermidade, podería esperarse que se produza un aumento do número de casos a medida que pasa o período de “incubación” da enfermidade sen presentar síntomas, pero no que a capacidade de contaxio é mais elevada.

Tendo ademais que xa se considera “un número importante” de casos confirmados positivo en Covid-19 de persoas que viaxaron con Imserso, consideramos de vital importancia localizar a todos os viaxeiros da localidade que regresaron destas viaxes nos últimos 30 días, xa que deberían permanecer dende entón en illamento absoluto, non podendo saír dos seus fogares nin relacionarse con ninguén, ata pasar o tempo mínimo de 15 días, nos que o virus pasa a presentar sintomatoloxía asociada.

 

 

 

Por estes motivos consideramos que:

 

1: Deberíase iniciar a localización dos grupos de viaxe e persoas que participaron nestas viaxes e que regresaron a Noia nestes últimos 30 días. Unha boa medida a seguir, levada a cabo xa noutros lugares, sería que as persoas que participaron nas diferentes viaxes contacten coas autoridades sanitarias, ademais de rogar máxima difusión e colaboración cidadá.

2: Instamos ao Concello de Noia a dar publicidade a esta perigosa situación a través de todos os seus medios para lograr encontrar ás persoas que realizaron estas viaxes nas que teñen aparecido casos de contaxio. Do mesmo xeito, instamos ao Concello de Noia a que se poña en contacto coas administracións superiores para que, tanto en Noia e contorna coma noutras lugares, se estableza un protocolo para a localización e posta en seguridade de estas persoas.

3: Entendemos e somos totalmente contrarios á “estigmatización” que están a vivir moitas das persoas que resultan por desgraza contaxiadas, sendo “sinaladas” por este motivo, polo que o proceso de busca deberá tratarse coa maior discreción e empatía, aínda que tamén advertindo da necesidade de comunicalo a os posibles casos de contaxio, sen crear situacións de alarma xeneralizadas.

 

 

 

A importancia de localizar ás persoas que viaxaron co IMSERSO