Sobre o lugar de celebración da moción de censura

Sobre o lugar de celebración da moción de censura

Reunido o Consello Local do BNG de Noia e analizadas as circunstancias relacionadas coa moción de censura presentada polos concelleiros e concelleiras do Partido Popular e do NO.I.A contra o actual Alcalde-Presidente da Corporación, D. Miguel Paz Barreiro; convocado o correspondente pleno para o día 17 do presente mes, e ante a previsión da asistencia dun número importante de veciñas e veciños do noso concello que a bo seguro superará o límite do aforo do salón plenario da Casa do Concello, xulgamos convinte que a realización de dito acto, pola súa excepcionalidade e circunstancias, teña lugar nun local máis axeitado ao efecto, tanto por motivos de espazo, para garantir o dereito da veciñanza a asistir a un acto que é de suma importancia para o pobo, como de seguridade para as persoas asistentes.

En base aos argumentos expostos, estimamos que o salón plenario da Casa do Concello non é lugar máis axeitado para a celebración do pleno do vindeiro día 17, motivo polo cal solicitamos que este sexa trasladado ao Coliseo Noela, local no que si se poden garantir uns mínimos de espazo e seguridade.