Posición do BNG perante "La Feria"

Posición do BNG perante "La Feria"

O intento máis serio, sistemático e calculado de introducir costumes e cultura andaluza na Galiza, dase despois da vitoria militar do fascismo sobre a democracia republicana no Estado, dase durante o período que coñecemos como ditadura franquista.

Un dos obxectivos fundamentais desta ditadura era construir unha España unitaria, onde houbera unha soa nación (española), unha soa língua (castellano) e onde existira unha soa cultura (castellano/andaluza).

Para conseguir isto prohibíronse as distintas expresións políticas, as distintas línguas e as distintas manifestacións culturais. Polo contrario impulsouse con moita firmeza e perseverancia, todo o que tiña a ver con ese proxecto de España unitaria e que incidía culturalmente nos elementos seguintes: idioma castellano, corridas de touros, filmes castellano/andaluces, cantaores(as), bailaores(as), tonadilleras, cupletistas, os pasodobles, os fandangos, as bulerías, actuacións flamencas, orquestras e outros espectáculos festivos revestidos todos eles desta cultura totalmente allea á nosa. Todo isto era o pan de cada día nos meios de comunicación, nas festas e outras actividades públicas promovidas polo Réxime naquela época.

Rematada a ditadura chegou a transición democrática. Este é un espazo de tempo no que perde forza ou se estanca dalgun xeito o proxecto imperial de España e colle pulo todo aquilo que estaba prohibido.

Agora ben, desde finais do séc. XX obsérvase un intento de voltar a aquela época, no que ten a ver co impulso que se lle pretende dar a estas manifestacións culturais que están ligadas ao proxecto de España unitaria que alguns ainda anceian.

Hai quen participa nisto por simples oportunismo, outros(as) por papanatismo e tamén os hai que o fan plenamente conscientes do que están a levar a cabo. O BNG pola sua ideoloxía e principios é escrupulosamente respectuoso con todas as culturas do mundo, mais tamén sabe que o pobo galego é posuidor dunha cultura milenaria, igual á que teñen outros pobos; nen máis nen menos. Mais coñece tamén a intención dos que non renuncian ainda a ese proxecto de España unitaria, e tamén sabe que se nós os galegos e galegas non defendemos e promovemos a nosa cultura, ninguen de fora vai vir facelo

Posición do BNG perante "La Feria"