Renovación dos órganos de dirección

Renovación dos órganos de dirección

Unha vez celebrada a XV Asemblea Nacional, a militancia do BNG procedeu a dar cumprimento á prevista renovación dos órganos de dirección tanto a nivel comarcal coma local. Con este motivo convocáronse as respectivas asembleas coa finalidade de renovar tanto o Consello Comarcal coma, posteriormente, o Local.

Renovación do Consello Comarcal de Muros-Noia

A Asemblea Comarcal foi convocada na tarde do venres 4 de marzo na Casa da Cultura da nosa vila. A lista proposta polo Consello Comarcal saínte, encabezada por Manu García, de Muros, e Carmen Rey, de Mazaricos, e composta por militantes de tódolos concellos da comarca, obtivo o respaldo unánime da militancia. Deste xeito, Manu Garcia foi nomeado novo  responsábel comarcal e será o representante da comarca no Consello Nacional.

Novo Consello Comarcal

Renovación do Consello Local de Noia

Pola súa banda, a Asemblea Local tivo lugar na tarde do xoves 10 de marzo. Ao igual que sucedeu na renovación da dirección comarcal, concorreu unicamente a lista proposta polo Consello Local saínte. Esta lista estaba encabezada por Tono Millares e Irati García, os cales, ao contar cos votos favorables da totalidade dos presentes na Asemblea, se converteron nos novos responsábel e vice-responsábel locais. Os restantes membros do consello local, ata un total de sete, son: Bieito González, María do Carmen Insua, Agapito Romeiro, Paula Eiras e Xan Creo.

Renovación do Consello Local

É de salientar igualmente que, na pasada Asemblea Nacional, a nosa compañeira Irati García foi escollida para formar parte do novo Consello Nacional que pilotará o proceso de refundación do BNG.