Emendas do BNG de Muros-Noia aos Orzamentos da Xunta

O BNG de Muros-Noia vén de presentar unha serie de emendas aos orzamentos da Xunta, uns orzamentos enganosos, que non contan con partidas específicas para a meirande parte das concellos que forman a comarca, a excepción de Noia, que conta con dúas exigüas partidas, unha delas para a remodelación da zona portuaria e mellora dos accesos marítimos, proxecto que ten data de finalización no ano 2019, sen establecer partidas para o 2018 e o propio 2019, e que esquece a rexeneración dos bancos marisqueiros. 

(fonte foto: La Voz de Galicia)

Emendas do BNG de Muros-Noia aos Orzamentos da Xunta

O BNG considera que hai que ir máis alá da remodelación da zona portuaria e a mellora dos accesos marítimos e dar comezo dunha vez por todas aos traballos de rexeneración dos bancos marisqueiros, hoxe improdutivos polo efecto do soterramento da ría, ademais da loita contra a contaminación procedente dos vertidos da nosa e outras comarcas, que chegan aos bancos marisqueiros a través do río Tambre. Cómpre salientar que estamos a falar dun ámbito que acolle aos bancos marisqueiros mais ricos de Galiza e de cuxa explotación directa viven moitas familias desta comarca, pertencentes sobre todo aos concellos de Outes, Noia, Porto do Son e Muros. Falamos de arredor de 1500-1700 empregos directos. Non podemos aceptar unha simple partida xenérica para a mellora das zonas de producción que se ten que repartir entre todas as Confrarías e que non conta nin de lonxe cos fondos precisos.

Desde o BNG de Muros-Noia tamén esiximos a posta en funcionamento do criadeiro situado no Freixo (concello de Outes), así como o apoio para a consecución da DOP “Berberecho de Noia”, para o cal xa se teñen presentado iniciativas no Parlamento galego. Dada a incidencia negativa dos peches por toxina na campaña deste ano, que supón unha perda importante non só para o sector marisqueiro, senón tamén para o sector comercial da comarca, instamos á Xunta a que se estableza un seguro que cubra as situacións de peche por mal tempo, mortandade do marisco e os peches administrativos por presenza de biotoxina. Tamén alertamos da forte inversión en acuicultura que agochan os orzamentos, así como a lei de acompañamento, que pretende abrir a porta a que as autorizacións experimentais como as  das gaiolas de salmón se vexan prorrogadas de 3 a 5 anos. É dicir, que pretenden executar os ditados da lei de acuicultura que por mor da forte oposición do sector do mar non puido ser aprobada.

cole

Outras das emendas presentadas polo BNG de Muros-Noia céntranse na reclamación do establecemento de sendas escolas infantís públicas nos concellos de Noia e de Outes. Este último conta actualmente cun PAI (Punto de Atención á Infancia) que non cubre todas as necesidades existentes por parte das familias traballadoras. Desde o BNG de Outes sinálase que hai edificios e instalacións no concello que poderían ser adaptadas para cubrir esta necesidade. Desde o BNG de Noia saliéntase que este é o único concello da provincia de máis de 10.000 habitantes que non conta con este servizo público, véndose as familias obrigadas a utilizar servizos privatizados e depender de axudas públicas.
 
O BNG de Muros trae a colación unha vella demanda que se leva facendo desde a formación frontista na localidade, como é a da rehabilitación do cine París. Tratase de abordar a restauración e rehabilitación desde emblemático edificio, de titularidade municipal. A carencia dun auditorio coa capacidade que demandan os diversos actos culturais que se desenvolven no concello de Muros durante todo o ano, fai imprescindíbel dotar este edificio das condicións necesarias para que se podan celebrar nel todo tipo de eventos culturais.

Por outra banda, tendo en conta a concellos como os de Mazaricos, Lousame e Porto do Son, desde o BNG denunciamos que a Consellería de Medio Rural non conta cun plano serio que garanta o futuro dos sectores leiteiro e forestal, a importancia do valor engadido dos produtos derivados do leite galego e a valorización da nosa foresta,  o que se evidencia na perda de marxe de beneficio para os gandeiros galegos e os recentes incendios sufridos na comarca que non fan máis que evidenciar o desinterese da Xunta por estes dous sectores de vital importancia.

14590887_1357912904228710_3704338275515760640_nganderia