SOLICITAMOS QUE O CONCELLO DE NOIA SE PERSONE NO EXPEDIENTE SOBRE O VERTEDOIRO DE LOUSAME

Construción dun vertedoiro industrial en Lousame

Verts-Lousame

Construción dun vertedoiro industrial en Lousame

Vimos de presentar por rexistro unha solicitude para que o Concello de Noia se persone no expediente relativo á construción dun vertedoiro en Lousame, coa finalidade de que formule as alegacións necesarias para que o proxecto non se leve a cabo.

Nos próximos días está previsto que as nosas compañeiras nas diferentes localidades da comarca -e non só- presenten iniciativas similares nos seus respectivos concellos.

 

NOVAS ACTUACIÓNS

Con data de 14 de outubro, presentamos unha moción para o seu debate e aprobación en pleno, na que solicitamos que o Concello de Noia se opoña á construción do vertedoiro.