Imprimir

18 millóns de euros en axudas para o marisqueo

BNG de Noia | 16 de marzo de 2016

Daniel Rodas
Daniel Rodas

O pasado 23 de febreiro, o noso compañeiro no Parlamento de Galiza, Daniel Rodas, rexistraba unha proposición non de lei instando á Xunta a cambiar os orzamentos de 2016 destinados á acuicultura intensiva para que pasen a ser axudas para o sector do marisqueo, miticultura ou pesca artesanal.

Marisqueo tradicional na ría de Noia

A proposición foi debatida en pleno no día de hoxe e obtivo o respaldo de tódolos grupos da cámara, o que é unha boísima nova para o sector do marisqueo no noso concello e en todo o país.

Os traballadores e as traballadoras do mar non só conseguiron, coa súa mobilización, gañar a batalla contra o proxecto de lei de acuicultura, senón que agora poden beneficiarse dos fondos que estaban destinados a promover a explotación intensiva dos nosos bancos marisqueiros.

Podes descargar o texto íntegro da proposición non de lei aquí.

Tés máis información na web nacional do BNG.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/18-millons-euros-axudas-marisqueo/20160316232449000835.html


© 2019 BNG de Noia

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal