Imprimir

A respecto de La Feria

bngnoia | 08 de Xuño de 2017

Desde o BNG de Noia amosamos o noso rexeitamento á organización, por parte do Concello de Noia, da denominada "La Feria", antes coñecida como a "Feira de Abril". Sendo respectuosos con todos os pobos e culturas do mundo, no BNG cremos que a promoción e potenciación da cultura castellano-andaluza no noso país por parte do PP é un acto premeditado, cun claro obxectivo político, un máis de asimilación e submetemento a unhas tradicións, tanto musicais, gastronómicas e mesmo lúdicas que non nos son propias. 

Pensamos que os poderes públicos, incluído o Concello de Noia, deberían pular pola defensa, promoción e normalización da nosa cultura nacional, que mesmo a día de hoxe pasa por serias dificultades e con tradicións que teñen risco de desaparecer; no canto de investir diñeiro público en enseñar baile flamenco ou animar a que a xente se vista con "lunares", "mantillas" e "fajines" andaluces.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas-bng/a-respecto-de-la-feria/20170608220117001146.html


© 2018 BNG de Noia

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal