Imprimir

Máis seguridade para a travesía de Boa

bngnoia | 16 de Xaneiro de 2017

Fonte: Google Street View
Fonte: Google Street View

O BNG de Noia fai eco dunha das numerosas problemáticas que atinxen á veciñanza de Boa, como é a da inseguridade viaria no tramo da estrada AC-550, que atravesa devandito núcleo. Esta inseguridade, sobre todo no que respecta aos peóns, trae causa da ausencia de elementos que obriguen a reducir a velocidade de condución en dito tramo e que a veciñanza poida cruzar con seguridade, especialmente maiores e nenos. Por isto, o BNG levará ao vindeiro pleno de xaneiro unha proposta para que o goberno local se dirixa á Consellería e esixa que se lle dea resposta a este problema.

Podes descargar o texto íntegro da moción aquí.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas-bng/mais-seguridade-travesia-boa/20170116085117001105.html


© 2018 BNG de Noia

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal