Imprimir

O muro da "Horta do Marqués"

BNG de Noia | 27 de maio de 2016

A ninguén se lle escapa que Noia agocha moita historia e unha grande cantidade de restos arqueolóxicos.

As obras no muro da horta

Boa mostra disto é a imaxe que nos fixeron chegar e que acompaña este texto, que se corresponde coa reconstrución do muro da "Horta do Marqués". Como se pode observar, as pezas que conforman o lintel da nova porta de entrada ao recinto semellan ser tramos dunha antiga canle de pedra.

A voceira municipal do BNG, Irati García, interesouse polo seguemento que se está a facer desta obra, co cal se fixo solicitude de sendos informes tanto da arquitecta e da arqueóloga da Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico, para coñecer as súas conclusións ao respecto.

De confirmarse que se trata dunha antiga canle, o BNG insta ao goberno local a que faga restaurar as pezas e sexan expostas ao público, como xa se fixera no mandato pasado dende a Concellería de Casco Histórico e Patrimonio, da nosa competencia.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/muro-da-horta-do-marques/20160527000453000842.html


© 2020 BNG de Noia

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal