Imprimir

A Ponte Nafonso segue esquecida

bngnoia | 28 de febreiro de 2019

Perigos para os peóns
Perigos para os peóns

O Grupo Municipal do BNG levou ante o pleno municipal, no mes de xuño do ano 2017, a denuncia transmitida pola veciñanza de Ponte Nafonso, relativa ao tránsito de vehículos pola estrada AC196 Noia (AC550) – Ponte Nafonso, e mais concretamente sobre o tráfico pesado que atravesa as marxes do Río Tambre utilizando a ponte da Ponte Nafonso.

Na parte expositiva da moción en cuestión dicíase que dita ponte está incluída no Catálogo da Dirección Xeral de Patrimonio contando co máximo grao de protección posible, é dicir, o integral (Nivel 1), e partindo desta consideración razoábase sobre a necesidade da adopción de medidas que mitigasen o tránsito de vehículos por riba da mesma, en aras á seguridade dos peóns que sobre a ela camiñan, e sobre todo, e no relativo á preservación e conservación de tan importante ben patrimonial, facendo referencia expresa á prohibición ao paso de vehículos pesados exceptuando as liñas de transporte de viaxeiros por estrada.

Pois ben, a pesar do tempo transcorrido, a demanda formulada, que non era outra de que a Consellería de Infraestruturas, titular da vía, adoptase as medidas necesarias a fin de establecer os elementos precisos para a redución do tráfico e da velocidade na estrada AC196 ao seu paso pola ponte de Ponte Nafonso, nada se fixo ao respecto coma ben se pode comprobar nas imaxes tomadas esta mesma semana.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/ponte-nafonso-segue-esquecida/20190228200604001195.html


© 2020 BNG de Noia

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal