Sobre a representación da corporación nos órganos colexiados

Sobre a representación da corporación nos órganos colexiados

Actualmente  os estatutos da Mancomunidade Serra do Barbanza reservan 3 lugares na súa Asemblea para os partidos políticos presentes na corporación noiesa. O mesmo pasa no Padroado da Fundación Romero Blanco-Monroy. Esta situación non é  nova, pero ata o de agora non resultaba problemática porque se adaptaba facilmente á correlación de forzas presentes no noso consistorio ata o presente mandato.

Como queira que a situación mudou, dende o BNG vemos a necesidade de que estes organismos adapten os seus estatutos para garantir que tódolos grupos presentes na corporación se vexan representados. Por iso, como xa anunciamos no pleno ordinario de agosto, traballaremos a prol da modificación dos estatutos, tanto da Mancomunidade coma da Fundación, para eliminar o número fixo de representantes e asegurar a presenza de tódolos grupos nos seus órganos colexiados.

Sobre a representación da corporación nos órganos colexiados