Xuntanza coa Plataforma de Emigrantes Retornados de Muros-Noia

Xuntanza coa Plataforma de Emigrantes Retornados de Muros-Noia

Xuntanza coa Plataforma de Emigrantes Retornados

Onte a Deputada no Parlamento de Galicia, Tereixa Paz, e a candidata á alcaldía de Noia, Irati García, mantiveron unha xuntanza cos membros da Plataforma de Emigrantes Retornados de Muros-Noia, na que se trataron diversas cuestións relacionadas co problema que lles afecta:

- a denuncia presentada pola parlamentaria europea do BNG, Ana Miranda, ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, que foi admitida a trámite.

- insistiuse na necesidade da reforma da Lei 35/2006, do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, para rematar coa discriminación tributaria á que se ve sometida este colectivo

- a recente sentencia dictada pola Sección Cuarta da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en favor da reclamacións presentada por emigrantes retornados de Alemaña.

 

Xuntanza coa Plataforma de Emigrantes Retornados

Cabe sinalar que dos membros da Plataforma de Muros-Noia, son poucos os que se ven beneficiados por esta sentencia, xa que o número de afectados entre os integrantes da plataforma comarcal que perciben pensión de Alemaña é reducido. Por isto, as mobilizacións seguirán tendo lugar, a próxima o 21 de marzo en Santiago de Compostela. Para asistir á mesma o Concello pon a disposición dos afectados un autobús para que se poidan desplazar á capital.

Xuntanza coa Plataforma de Emigrantes Retornados de Muros-Noia