MOCIÓN PARA O PLENO ORDINARIO DE XANEIRO

Máis seguridade para a travesía de Boa

Captura de pantalla 2017-01-16 a las 8.45.36
Fonte: Google Street View
Máis seguridade para a travesía de Boa

O BNG de Noia fai eco dunha das numerosas problemáticas que atinxen á veciñanza de Boa, como é a da inseguridade viaria no tramo da estrada AC-550, que atravesa devandito núcleo. Esta inseguridade, sobre todo no que respecta aos peóns, trae causa da ausencia de elementos que obriguen a reducir a velocidade de condución en dito tramo e que a veciñanza poida cruzar con seguridade, especialmente maiores e nenos. Por isto, o BNG levará ao vindeiro pleno de xaneiro unha proposta para que o goberno local se dirixa á Consellería e esixa que se lle dea resposta a este problema.

Podes descargar o texto íntegro da moción aquí.

Máis seguridade para a travesía de Boa