Inclusión no Plan de Transporte Metropolitano

Inclusión no Plan de Transporte Metropolitano

No pleno ordinario do pasado mes de Agosto, a nosa concelleira na Corporación Municipal de Noia, Irati García, efectúo unha serie de rogos dirixidos ao Alcalde, entre eles o de que se interesara diante da Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, polo acordo adoptado na Xunta de Goberno Local celebrada o día 14 de xaneiro deste ano.

Nova LVG

O citado acordo non era outro que o de solicitar a integración de Noia no Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, concretamente na área de Santiago de Compostela. Dito acordo foi tramitado de xeito inmediato pola Secretaría Municipal, de tal xeito que a administración galega tivo coñecemento do mesmo aos cinco días de terse adoptado.

Nova ECG

Por iso consideramos unha perda de tempo maiúscula e unha redundancia incomprensible que se convoque para este luns, tanto unha Xunta de Voceiros, seguido da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Persoal, para volver a tratar o mesmo asunto, e con seguridade sometelo á consideración do próximo pleno ordinario.

Acaso alguén pode interpretar de xeito simplón que o acordo adoptado no seu día pola Xunta de Goberno Local de Noia, carece de validez?, ou será que o actual Goberno Local carece dunha folla de ruta clara de acción de goberno, e ten que recorrer a acordos xa adoptados?

O que realmente lle interesa á cidadanía de Noia, é saber si o señor Alcalde atendeu o rogo efectuado por Irati García, e se puxo en contacto coa Dirección Xeral de Mobilidade a fin de materializar o acordo adoptado no seu día pola Xunta de Goberno Local de Noia, tan necesario para toda a veciñanza que utiliza a cotío o transporte público.

---

Na seguinte ligazón podedes consultar a nota remitida polo Concello en xaneiro de 2015 para dar conta do acordo adoptado.

Inclusión no Plan de Transporte Metropolitano