Posición ante o pleno de investidura do vindeiro día 13

Posición ante o pleno de investidura do vindeiro día 13

O BNG-AA de Noia, reunido en Asemblea e por votación unánime dos presentes na mesma, tomou os seguintes acordos:

1. Apoiar a conformación dun Goberno alternativo ao do Partido Popular no Concello de Noia.

2. Non entrar a formar parte de dito Goberno.

3. Condicionar o apoio á aceptación, por parte do Goberno municipal resultante, dos seguintes principios programáticos:

-Realizar tódalas xestións precisas perante as Administracións competentes para que estas impulsen e leven a cabo as actuacións necesarias para a rexeneración da nosa ría, a loita contra a contaminación e a preservación dos bancos marisqueiros.

-Proseguir co proceso de remunicipalización dos servizos públicos.

-Manter unha dotación orzamentaria suficiente coa fin de poder levar a cabo políticas sociais en favor dos sectores máis desfavorecidos da nosa sociedade.

-Impulsar proxectos culturais centrados no noso País e na nosa cultura, evitando a promoción e consolidación de culturas alleas en detrimento da nosa

-Aceptar, como norma xeral, tódalas mocións que presenten os distintos grupos, para o seu debate no pleno.

Posición ante o pleno de investidura do vindeiro día 13