INSTALOUSE SIN A PRECEPTIVA LICENCIA MUNICIPAL

Circo con animais salvaxes na nosa vila

IMG_3756
O circo xa instalado en San Lázaro
Circo con animais salvaxes na nosa vila

Con data de 23/05/2017, logo de interesarnos en xunta de voceiros  a través da nosa voceira municipal sobre a cuestión da solicitude de licencia por parte do circo Vienna Roller, que ven precedido pola polémica suscitada en varios dos concellos do Barbanza, membros do BNG de Noia comprobamos que na tarde do mesmo día dito circo xa se atopaba instalado e montado na zona de San Lázaro sen contar coa debida licenza municipal nin os informes e/ou permisos de Costas do Estado, a quen lle daremos traslado desta situación.

Ante isto, vémonos na obriga de denunciar a deixadez e permisividade por parte do goberno local que, como lembramos, non apoiou a moción presentada polo BNG en febreiro de 2016 para evitar que os espectáculos circenses con animais teñan cabida no noso concello, en contraposición coa aprobación por parte do Consello da Xunta , casualmente na mesma data en que dita moción se tratou no pleno noiés, do anteproxecto de Lei galega de protección e benestar dos animais de compañía, cuxo articulado enumera entre as prohibicións xenéricas o "emprego e tenza de animais silvestres en circos". Asimesmo, dende a agrupación local noiesa daráselle traslado ao grupo parlamentar  do BNG para que se inste aos populares a reactivar o correspondente proceso lexislativo que poida facer de Galiza un exemplo no  que respecta á protección dos animais.

 

Artigos relacionados:

http://noia.bng.gal/articulo/novas/circos-animais/20160820235720000971.html
http://noia.bng.gal/articulo/mocions/mocion-declarar-concello-noia-vila-libre-circos-animais/20160306174010000832.html

Circo con animais salvaxes na nosa vila