Moción de urxencia no pleno ordinario de maio

Moción de urxencia no pleno ordinario de maio

No pleno ordinario do pasado martes, presentamos unha moción de urxencia que non chegou a ser debatida. No BNG tomamos moi en conta as cuestións relativas á nosa ría, a preocupación do sector marisqueiro, e precisamente estes pasados días nos que se produciron tanto a publicación do informe da Axencia Europea do Medio Ambiente sobre o estado e calidade das nosas augas de baño, no que as augas de Testal recibía un suspenso, así como o anuncio do compromiso da Consellería do Mar de invertir 300.000 en tarefas de dragaxe na nosa ría, cuestión que preocupa ao traballadores e traballadoras do mar, xa que non coñecen as cuestións técnicas do proxecto, e tendo en conta que nos atopamos en datas próximas ao Día Mundial do Medio Ambiente e o Día Mundial dos Océanos, que ocasión máis acaída para instar á Xunta a que informa ao noso Concello e ao sector marisqueiro? Continuamos sen entender por que non se quixo debater e aprobar esta moción, pero seguiremos insistindo sobre o tema, péselle a quen lle pese.

Podes descargar o texto da moción aquí

Xa a nivel comarcal, e sempre seguindo a mesma liña de traballo, podes consultar aquí a nova da rolda de prensa que convocamos o pasado xoves para tratar cuestións relativas á nosa ría.

Moción de urxencia no pleno ordinario de maio