A propósito da visita da Conselleira de Infraestruturas e Vivenda

A propósito da visita da Conselleira de Infraestruturas e Vivenda

A VISITA DA CONSELLEIRA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA, ASI COMA A DOUTROS ALTOS CARGOS DA ADMINISTRACIO?N GALEGA A NOIA, PON DE MANIFESTO O USO PARTIDISTA E CACIQUIL QUE O PARTIDO POPULAR FAI DAS INSTITUCIO?NS PU?BLICAS.

Logo de ter lido a dedicatoria que Ethel Va?zquez, Conselleira de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia, no libro de honras municipal, sa?bese con certeza o concepto que o Partido Popular ten do uso das institucio?ns pu?blicas que goberna. Para no?s, nacionalistas galegos non hai du?bida: tra?tase dun concepto patrimonial e caciquil do uso desas institucio?ns que se resumen na seguinte ma?xima: "si es do noso partido vas a ter todo o que che podamos dar e si non o es, tes que aguantarte e recibira?s en todo caso o mi?nimo que a lei estipula".

Este e? o proceder do Partido Popular, seno?n como se pode explicar a cascada de visitas a Noia de altos cargos institucionais da administracio?n galega, logo de que Santiago Freire accedese a? Alcaldi?a mediante a con?ecida mocio?n de censura?

Cousa distinta e? saber si as citadas visitas ten?en algu?n interese para a nosa cidadani?a, e si as mesmas van a redundar en beneficio dos intereses xerais do municipio. Pode entenderse que ten?a que vir unha Conselleira a anunciar o pintado dunha estrada, no cruce da Barquin?a, cando o que realmente se necesita ali? e? a construcio?n dunha rotonda que garanta a seguridade viaria no citado punto? Ou xa nos esquecemos que nos mes de novembro do ano 2009, o Pleno da Corporacio?n Municipal de Noia, a instancias do grupo municipal do BNG, adoptou un acordo instando a? Xunta de Galicia a? modificacio?n do denominado Plan MOVE, solicitando entre outras melloras a construcio?n urxente da citada rotonda? E que dicir do noso Alcalde, que no lugar de esixir o cumprimento do citado acordo plenario aplaude o pintado da estrada para dar carta de natureza a un terceiro carril, que na pra?ctica xa existe.

A rotonda da Barquiña no novo PXOM

Outro tanto do mesmo poderi?amos dicir da construcio?n de vivendas de promocio?n pu?blica no noso Concello. Algue?n lle escoitou a Santiago Freire, lembrarlle a? Conselleira que o IGVS ten a? su?a disposicio?n unha parcela municipal cedida gratuitamente, en xullo de 2011, para que o citado organismo constru?a nela vivendas de promocio?n pu?blica? (concretamente 32 novos pisos). Anuncian pola contra que traballara?n para que as vivendas deshabitadas no Casco Vello se dediquen a ese fin, cando saben de sobra que a estrutura da propiedade no citado a?mbito non da? para tal pretensio?n, xa que as mesmas son escasas e as que se atopan abandonadas, esta?n nesa situacio?n polas diferenzas existentes no seno das comunidades hereditarias propietarias dos mesmos.

Demandamos ao Goberno Local traballo en serio e menos propaganda, e desde logo cumprimento dos acordos plenarios comentados que a di?a de hoxe esta?n en plena vixencia ao non ser derrogados de xeito expli?cito.