Sobrevivir sendo ábore en Noia

B06A6038
Araucaria na horta do Pazo do Marqués. Foto: Carmen Queijeiro, (La Voz de Galicia)
Sobrevivir sendo ábore en Noia

Por ORDE do 3 de outubro de 2011 pola que se actualiza o Catálogo galego de árbores senlleiras da Consellería de Medio Rural, publicada no Diario Oficial de Galicia de 13 de outubro de 2011, a nomeada “Carreira de araucarias de Noia”, un conxunto de árbores da especie Araucaria bidwillii Hook, pasou a formar parte do catálogo galego de árbores senlleiras. Aínda que non se especifica a ubicación exacta da Carreira de araucarias, todo parece indicar que se refire ás situadas nos xardíns do Pazo Varela Radío (Pazo do Marqués).

Mais podiamos atopar outros exemplares na nosa vila, entendemos que tamén merecedores de protección, como o que estaba situado até hai uns días na coñecida como horta dos irmáns Labarta, agora desaparecido como froito dunha limpeza da finca, coa que foron eliminados ademáis da araucaria outros exemplares, así como outros quedaron “mutilados”. Descoñecemos se a tala da araucaria se ten realizado por mor dalgunha posible enfermidade deste exemplar ou por algún outro motivo. Mais todos somos coñecedores do pouco cariño con que son tratadas ás árbores no noso concello, o que nos leva a poñer o foco con patente preocupación sobre o futuro plan para a remodelación dos xardíns de Felipe de Castro que ten anunciado o actual goberno municipal, uns xardíns que contan con impoñentes exemplares de magnolios centenarios. Sen dúbida o noso patrimonio natural debe contar con plans de protección que garantan a súa pervivencia.

A Araucaria bidwillii, ou pino “bunya”, chamada “bunya bunya” polos aborixes australianos, é unha notable conífera, de folla perenne.

Araucaria NoiaIMG-20170105-WA0014antes_araucaria20170104_181351-2

IMG-20170105-WA0013IMG-20170105-WA0012IMG-20170105-WA0011IMG-20170105-WA0013

Sobrevivir sendo ábore en Noia