Entrega de sinaturas no IGVS

Entrega de sinaturas no IGVS

Este venres, 20 de febreiro de 2015, o BNG de Noia a través dos seus representantes fixo entrega no Instituto Galego da Vivenda e o Solo das sinaturas recollidas (520), dentro da campaña iniciada por esta organización, para a construción de vivendas de promoción pública en Noia.

entrega_sinaturas_igvs_web

Desde finais de decembro, o BNG, ven desenvolvendo unha campaña de recollida de sinaturas para a construción de vivendas de promoción pública en Noia. Para isto saiu á rua con mesas de recollida destas sinaturas, así mesmo distribuiu por establecimentos comerciais e outros locais follas con ese cometido.

Axuntamos o acordo plenario do 29 de xullo de 2011, onde se aprobou por unanimidade a cesión da parcela á Xunta de Galicia para construir estas vivendas.

Axuntamos tamén o escrito de presentación destas sinaturas no rexistro de entrada do IGVS

O seguinte paso desta campaña será a distribución de formularios polo término municipal, para a inscrición de demandantes de vivendas de promoción pública.

Entrega de sinaturas no IGVS