Actualmente o Grupo Municipal do BNG no Concello de Noia está formado por un concelleiro, Ricardo Suárez García.
Nado o 25 de Decembro de 1991, é militante de Galiza Nova (organización xuvenil do BNG), sendo Grado de Socioloxía pola Universidade da Coruña, onde se especializou en temas coma análise de políticas públicas ou acción colectiva. Tamén realizou un ano académico na Universidade de Varsovia, así coma as prácticas profesionais no servizo de patrimonio e contratación da Deputación de A Coruña. Posteriormente cursou un master en Relacións Internacionais na Universidade Internacional de Andalucía, centrando a súa tese final na cooperación entre municipios e entre estes e a Unión Europea na introdución de estratexias medioambientais de ámbito europeo.
Actualmente é investigador da Universidade Pablo de Olavide no programa de doutorado de Medio Ambiente e Sociedade na especialidade de Historia Ambiental. A temática da súa investigación son os bens comunais, centrándose actualmente nos cambios produtivos nos Montes Veciñais de Man Común durante as últimas décadas. Tamén ten realizado unha estancia doutoral de cinco meses no Instituto de Ecoloxía Social de Viena, onde tivo a oportunidade de formarse en teorías e métodos coma o Metabolismo Social ou a Xustiza Ambiental e Climática.
Participa tamén, en colaboración con VERDEGAIA, nas brigadas de deseucaliptizadoras, formando parte a maiores do “Corpo Europeo de Solidariedade”.
Co nomeamento da súa persoa, séguese na senda encetada hai catro anos de remuda xeracional ao fronte de equipas que pretenden acceder a cargos institucionais, para desde os mesmos, aplicar políticas de carácter transformador da realidade na que vivimos.