Rotonda no cruce da Barquiña

A rotonda da Barquiña no novo PXOM
A rotonda da Barquiña no novo PXOM
Rotonda no cruce da Barquiña

Na semana pasada a voceira do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego de Noia presentou unha moción relativa á necesidade de comezar pola creación dunha comisión a prol da construcción da rotonda no coñecido como cruce da Barquiña, da que formarán parte representantes da veciñanza e dos distintos grupos municipais. A construcción desta rotonda leva sendo defendida polo BNG dende hai xa uns anos, materializándose esta demanda xa en pleno de novembro de 2009. Dado que esta vella reclamación voltou poñerse sobre a mesa na sesión plenaria ordinaria o pasado día 5 de novembro por parte do goberno local, e logo da xuntanza mantida coa veciñanza da parroquia polo Bloque Nacionalista Galego, estimamos necesario dar o seguinte paso para tentar darlle cumplimento a esta xa reiterada demanda.

A rotonda da Barquiña no novo PXOM

Aquí podes consultar o texto completo da moción.

E aquí podes descargar a moción de 27 de novembro de 2009.