Imprimir

O BNG de Noia defenderá a necesidade dun plan de protección e posta en valor das palmeiras da alameda

BNG de Noia | 24 de marzo de 2019

O BNG de Noia defenderá unha moción para desenvolver un plan de protección e posta en valor das palmeiras situadas na alameda.

MOCIÓN 
O 21 de marzo é a data adicada a tomar conciencia da importancia dos bosques e das árbores e da necesidade da protección das superficies arboladas e bosques. As árboles, como é ben sabido, entre outras moitas funciós, transforman o dióxido de carbono, minimizan o risco de inundación e evitan a erosión. Nalgúns casos, as árboles mesmo forman parte do patrimonio histórico e cultural dos pobos. Exemplo disto último son as palmeiras canarias da alameda noiesa, que se ben non sendo unha especie endémica desta terra, dende hai décadas forman parte da nosa paisaxe urbana e da nosa historia coma vila. A praga do picudo vermello non é a única ameaza para estas árbores, senón tamén a propia actividade humana que se xera ao carón das mesmas, cuxos efectos son perceptibles a simple vista. Por todo o exposto, propoñemos ao Pleno a toma do seguinte 
ACORDO: 
 Establecer un plan de protección e posta en valor das palmeiras situadas na alameda coma patrimonio natural do noso concello.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/mocions/bng-noia-defendera-necesidade-dun-plan-proteccion-posta-valor-das-palmeiras-da-alameda/20190324222940001200.html


© 2020 BNG de Noia

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal