Día da Patria 2016
O BNG de Noia propón ao executivo local que a celebración do Día da Patria Galega se abra á cidadanía.
O Concello de Noia vén celebrando nos últimos anos un pleno no que se lle da aprobación e lectura á declaración institucional do Día da Patria Galega. No pasado ano as distintas forzas acordamos realizar distintas propostas para a celebración de dito día no noso Concello, xa que a práctica vén demostrando que a cidadanía non participa de dita celebración nin se achegan ao plenario.
Por isto o Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego de Noia entende que a Corporación noiesa debe saír do salón de Plenos e compartir este día de reivindicación e celebración coa cidadanía, así como facer parte do mesmo ás entidades culturais e persoeiros da nosa vila. Por isto o BNG propón que a lectura da declaración institucional se realice na rúa para que poida participar da mesma a veciñanza de Noia, así como que se poida contar con algún grupo musical e/ou coral que nos acompañen no canto do Himno Galego, así como a posibilidade de realizar outras actividades arredor de dita data.