Primarias abertas de Iniciativa pola Unión
Como ben sabes, o BNG fai parte da Iniciativa pola Unión, que é unha plataforma encamiñada á conformación dunha candidatura galega de unidade, para as eleccións do vindeiro 20 de decembro.
Actualmente, e ata o 3 de novembro, IxU está na fase de conformación dun censo para as primarias abertas, nas que se conformarán as nosas listas, e que terán lugar o vindeiro domingo 8 de novembro. A votación será presencial, en urnas dispostas por todo o país, aínda que tamén existirá a posibilidade de facelo de xeito telemático.
No noso concello, o local de votación será o Salón de Plenos do Concello e estará aberto en horario de 11:00 a 15:00.
Se non o fixeches xa, o prazo para darse de alta no censo estará aberto ata o vindeiro día 3 e pode facerse de dous xeitos:
- De xeito telemático, a través do seguinte formulario web: http://polaunion.gal/formulario/
- De xeito presencial, a través deste modelo que debes completar cos teus datos e entregar nalgunha das organizacións políticas, sociais, sindicais ou culturais que apoian a IxU.
O BNG insta a toda a cidadanía que comparta os obxectivos da iniciativa -conformar unha candidatura galega de unidade, con grupo parlamentario propio, para garantir que Galiza teña voz potente e soberana para defender os intereses deste país, para defender o dereito a decidir e para camiñar cara a nosa soberanía- a participar activamente neste proceso de primarias.
En palabras do noso voceiro nacional, este proceso: é absolutamente aberto á cidadanía, non se lle pide o carné a ninguén e calquera persoa que desexe pode participar no proceso de primarias para a elección de candidat@s, non só militantes e simpatizantes do BNG e das outras organizacións políticas, senón calquera outra persoa sen adscrición partidaria algunha. Animamos á cidadanía a participar
Participa e anima ao teu entorno a participar!