Novas
A Xunta evita responder sobre os problemas de transporte de Noia e comarca
24/out./2021
O BNG presentou o pasado marzo unha iniciativa no parlamento galego para incluír a Noia e comarca na área metropolitana de Compostela e aumentar o servizo que conecta os municipios de Noia, Boiro e Pobra do Caramiñal. Sete meses despois a Xunta emite unha contestación evasiva que evita referirse aos temas que eran obxecto da iniciativa.