Sobre o anuncio do proxecto de dragaxe

Sobre o anuncio do proxecto de dragaxe

O BNG de Noia reclama información sobre o contido das actuacións da primeira fase do proxecto de dragaxe que está previsto realizar sobre parte da ría noiesa, que serán acometidas pola empresa pública Tragsa no vindeiro mes de setembro, tal e como vén de facer público o executivo local a través da prensa, así como os medios a empregar e as medidas a tomar para que non se vexan perxudicados os bancos marisqueiros, cuestión esta última que causa especial preocupación entre os traballadores e traballadoras da ría. A este respecto cabe lembrar que o executivo no pleno do mes de xullo apoiou unha iniciativa do BNG para que persoal técnico se reúna cos mariscadores para informar a este colectivo sobre todas as cuestións relativas ás actuacións de dragaxe que están previstas no proxecto, un proxecto que realmente non suporá máis que unha medida de carácter estético máis que unha rexeneración propiamente dita, xa que non debemos esquecer que a rede de saneamento do concello de Noia é deficitaria, existindo varios puntos de vertido directo á ría e filtracións, co cal o problema de fondo seguirá sen resolverse.

2016-07-28 21.19.47

Por outra banda criticamos a actitude por parte do executivo local, que non ten convocado comisión informativa algunha para informar ao resto dos Grupos Municipais da Corporación sobre as próximas actuacións anunciadas en prensa con obvias intencións electorialistas.