Emendas OXE 2016

Emendas OXE 2016

No seguinte cadro podedes consultar as emendas presentadas polo BNG aos Orzamentos Xerais do Estado para 2016 no relativo á comarca de Muros-Noia:

ConcelloMinisterioEmendaContía
MurosMinisterio de CulturaRehabilitación do Cine Paris.

O Cine Paris é un inmoble situado na fachada marítima do casco histórico muradán e data da década dos anos 40 do pasado século, sendo unha mostra interesante de arquitectura ecléctica

1.180.000 euros
MurosMinisterio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente

(D. Xeral da Sostibilidade da Beiramar e do Mar)

Recuperación ambiental da praia urbana de Parameán en Esteiro.1.000.000 euros
NoiaMinisterio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente

(D. Xeral da Sostibilidade da Beiramar e do Mar)

Elaboración dos estudos que permitan unha verdadeira rexeneración do esteiro interior da ría que nos conduza de xeito paulatino á posibilidade da retirada dos fangos e limos que colmatan o esteiro desde hai décadas. O obxectivo desta pretensión non é outro que o da recuperación dos espazos produtivos marisqueiros, hoxe improdutivos polo efecto do aterramento da ría.1.000.000 euros
NoiaMinisterio de Fomento

(D. Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo)

Ampliación do Museo de Laudas Gremiais de Sta. María a Nova (actuación con cargo ao 1% cultural). O destino do investimento sería o de habilitar o inmoble da actual Casa da Cultura, Avilés de Taramancos, para dedicalo á recuperación e exposición das laudas que hoxe se atopan á intemperie, e tamén as soterradas no recinto do citado cemiterio de Sta. María a Nova.500.000 euros