Imprimir

Sobre os actos polo 850 aniversario da carta fundacional

bngnoia | 12 de Xaneiro de 2018

50 anos despois, o mesmo programa de actividades
50 anos despois, o mesmo programa de actividades

Tralo anuncio realizado polo alcalde de Noia, Santiago Freire, arredor das actividades previstas para a conmemoración do 850 aniversario do outorgamento da Carta de Poboamento a Noia, queremos amosar a súa postura ao respecto.

En primeiro lugar, temos que criticar o feito de que non se teña convocado con carácter previo a dito anuncio a comisión correspondente para tratar de consensuar un programa de actividades que permita facer partícipe a todo o pobo de Noia, un programa no que toda a veciñanza se sinta cómoda, sen utilizar unha data de tal trascendencia como a deste aniversario con fins partidistas.

Memorias do franquismo

En segundo lugar, consideramos que a pretensión de militarizar esta celebración está fóra de contexto, xa que non é xustificable a mistura dunha celebración de carácter histórico e civil co ámbito militar, ademáis de traer á memoria os actos de celebración do ano 1968, en plena Ditadura franquista, coa presenza de barcos de guerra na ría e autoridades militares, actos todos eles, lembramos, presididos polo alcalde franquista da época.

Para concluir, estimamos que o resto das actividades anunciadas non responden a unha idea clara nin teñen relación algunha cun evento tan importante para a nosa vila como é este aniversario, botando en falta actividades de carácter histórico cultural, que é o que corresponde, como o da concreción do hermanamento coa localidade francesa de Salmiech, terra natal do Arzosbispo Berenguel de Landoira.

 

Nota: as imaxes de época foron tomadas do libro de Xerardo Agrafoxo Memorias do Franquismo (A época do wolfram en Lousame. A corporación de Noia en Meirás) (2002)

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas-bng/actos-polo-850-aniversario-da-vila/20180112205940001174.html


© 2018 BNG de Noia

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal