Novas
Deixadez dos gobernos local e estatal na consecución do proxecto da Fachada Marítima
07/xan./2021
As preguntas do BNG de Noia sobre o proxecto e a súa paralización, levadas ao parlamento do estado por Néstor Rego, tiveron unha resposta insuficiente e evasiva por parte do goberno do estado, que non entrou a valorar consecuencias paisaxísticas e viarias da falta de previsión do proxecto nin puxo data de volta ao traballo na execución.