EVASIVA RESPOSTA DO GOBERNO DO ESTADO ÁS PREGUNTAS REXISTRADAS POLO BNG NO PARLAMENTO DO ESTADO.

Deixadez dos gobernos local e estatal na consecución do proxecto da Fachada Marítima.

WhatsApp Image 2021-01-07 at 13.40.20
As obras na fachada marítima, actualmente paralizadas.
As preguntas do BNG de Noia sobre o proxecto e a súa paralización, levadas ao parlamento do estado por Néstor Rego, tiveron unha resposta insuficiente e evasiva por parte do goberno do estado, que non entrou a valorar consecuencias paisaxísticas e viarias da falta de previsión do proxecto nin puxo data de volta ao traballo na execución.
Deixadez dos gobernos local e estatal na consecución do proxecto da Fachada Marítima.

En resposta á pregunta do BNG, o goberno do estado vén de recoñecer implicitamente a falta de previsión por parte de Costas do Estado e goberno local no proxecto de ‘Adecuación da fachada marítima de Noia’. Sinalan dende a administración central que “as canalizacións dos servizos teñen aparecido ao executar as obras e que non aparecían reflexadas nos planos”.

Dende a formación nacionalista consideramos grave a falta de humildade para desculparse polo importante e básico erro de non terse asegurado das condicións dos servizos do subsolo e cualifican a contestación de insuficiente, pois non valora as importantes consecuencias paisaxísticas e viarias que a falta de previsión das administracións estatal e local están a xerar sobre o municipio de Noia.

Dende o BNG tamén nos mostramos críticos e preocupados coa nula mención á volta do traballo nas obras que remate coa actuación e comprendemos o enfado cada vez máis elevado dunha veciñanza sen nova algunha sobre a evolución da actuación cando fai meses se aseguraba que estaría preparada a comezos do verán.

Ademais, somos contrarios á visión da resposta recibida sobre o impacto sobre o patrimonio xa que o asolagamento dos elementos pétreos do malecón de Cadarso como os embarcadoiros por unha pasarela ou a deturpación de boa parte da Ponte do Campo das Rodas que se están a realizar no proxecto da fachada marítima de Noia son considerados polo goberno do estado como unha intervención “respectuosa co patrimonio histórico”.

Tampouco se fai mención algunha por parte do goberno á devolución das inversións realizadas polo Concello de Noia en reposicións de servizos afectados pola obra de xeito previas á reforma do proxecto, as cales, creemos que deberían ser cando menos cofinanciadas.

Deixadez dos gobernos local e estatal na consecución do proxecto da Fachada Marítima.