18 millóns de euros en axudas para o marisqueo

O pasado 23 de febreiro, o noso compañeiro no Parlamento de Galiza, Daniel Rodas, rexistraba unha proposición non de lei instando á Xunta a cambiar os orzamentos de 2016 destinados á acuicultura intensiva para que pasen a ser axudas para o sector do marisqueo, miticultura ou pesca artesanal.
A proposición foi debatida en pleno no día de hoxe e obtivo o respaldo de tódolos grupos da cámara, o que é unha boísima nova para o sector do marisqueo no noso concello e en todo o país.
Os traballadores e as traballadoras do mar non só conseguiron, coa súa mobilización, gañar a batalla contra o proxecto de lei de acuicultura, senón que agora poden beneficiarse dos fondos que estaban destinados a promover a explotación intensiva dos nosos bancos marisqueiros.
Podes descargar o texto íntegro da proposición non de lei aquí.
Tés máis información na web nacional do BNG.