25 de novembro
O Concello de Noia, co gallo do 25 de novembro, aprobou unha declaración institucional que contou co voto favorable de tódolos grupos presentes na corporación.
A aportación á mesma do grupo municipal do BNG, centrouse na inclusión da esixencia de recoñecemento do Estatuto de Vítima de feminicidio, o seu desenvolvemento e a súa inclusión tanto na lexislación galega coma na estatal.
Podes consultar a literalidade do texto acordado na seguinte ligazón.
A declaración foi lida publicamente nun acto que tivo lugar onte pola mañá en fronte da casa do Concello.
Para coñecer máis sobre a nosa proposta de recoñecemento do Estatuto de Vítima de Feminicidio, podes ver este vídeo da nosa compañeira Carme Adán:
https://www.youtube.com/watch?v=214Yc_8eJO0