A rampa da Casuleta
30 maio 2016 - 13:37
Veciños e veciñas da Barquiña denuncian o mal estado da rampa da Casuleta e os impedimentos existentes para acceder á beiramar pola mesma. Dende o BNG facemos eco desta queixa e instamos ao goberno municipal a que realice á maior brevidade posible as tarefas necesarias de limpeza e acondicionamento de dita rampa para que o aceso quede despexado.