Reunión co PSdeG-PSOE
Na tarde de hoxe tivo lugar unha reunión entre representantes do BNG e do PSdeG-PSOE, na sede destes últimos.
Na xuntanza estiveron presentes, dunha banda, Miguel Paz, Sandra González, José Manuel Lage e Agustín Mourís, e doutra, Irati García, Agapito Romeiro e Tono Millares.
No transcurso da mesma, os nosos representantes foron informados dos contactos que ven levando a cabo o PSOE local co obxectivo de conformar un goberno de coalición.
Pola nosa banda, fixémoslles chegar de primeira man os acordos adoptados na última asemblea local.
Finalmente puxemos en común os puntos de vista persoais, e das organizacións que representamos, sobre a situación política do concello despois das últimas eleccións locais.
Toda a reunión transcorreu nun ambiente cordial e alongouse durante máis dunha hora; dando por rematado o encontro co propósito de seguir mantendo unha comunicación fluída.