UN ANTEPROXECTO A PETICIÓN DO PROPIO CONCELLO XA ALARMABA NO 2016 DOS PERIGOS DE NON ACTUAR SOBRE UN DOS EXEMPLARES MÁIS EMBLEMÁTICOS DO XARDÍN

O teixo de Felipe de Castro paga as consecuencias da desidia do goberno noiés

81240161_565746307306298_8045173425645289472_n
O teixo de Felipe de Castro paga as consecuencias da desidia do goberno noiés

"O teixo, de orixe anterior a Era Terciaria, transfórmase de macho a femia ou viceversa cando as condicións climáticas fan que perigue a súa supervivencia. Esta especie arbórea é un referente da intelixencia da natureza, que cos seus séculos de existencia adáptase aos cambios climáticos e cambia de sexo cando as condicións da terra ou da atmósfera fan que perigue a supervivencia das súas poboacións" (Revista Quercus).

Vemos polo tanto que o exemplar tallado non era só de importancia polo feito de ser centenario se non por pertencer a unha especie de importante valor, chegando a ser unha especie catalógada como flora protexida en diversos puntos da península.

O goberno noiés vén de realizar unha serie podas excesivas nos últimos anos que están a mermar a calidade da nosa paisaxe urbana así coma a propia saúde das especies. A talla deste teixo é a proba irrefutable dun goberno que mostra unha total desidia á hora de protexer o noso patrimonio natural.

81527108_536464076951665_8587555231657623552_n

Este caso é se cabe máis flagrante ao existir un "anteproxecto para a recuperación, restauración e posta en valor dos Xardíns de Felipe de Castro", redactado a petición expresa do mesmo Concello en Xullo de 2016 no que se fai alusión directa ao exemplar poñendo en coñecemento da administración local que: "O teixo é un exemplar que queda dunha parella existente e que recordan con nostalxia moitos dos habitantes de Noia. Descoñécese a razón que levou a decidir plantar unha especie diferente no lugar de volver a plantar un novo exemplar. Este tipo de actuacións son as que levan a desdebuxar pouco a pouco o carácter que debería ter o xardín nos nosos días. O teixo existente, encóntrase desplomado hacia o camiño e aínda que o seu estado sanitario parece aceptable e non se observan signos de inestabilidade, semella presentar síntomas de unha enfermidade que podería ir en aumento, polo que sería aconsellable o seu diagnóstico e posterior tratamento".

A inexistente xestión do Concello para a súa conservación loxicamente non garantizou a supervivencia desta árbore singular e simbólica que como tantas outras agonizou no esquecemento. Observamos polo tanto como un Concello avisado obviou durante case 5 anos a progresiva inclinación e a probable enfermidade do exemplar para nun momento dado acometer a súa talla sen o pertinente informe e/ou valoración dun técnico competente na materia que certificase a súa irremediable morte.

81972877_634095380462255_5530580677835096064_n

Na imaxe percibimos coma no 2016, cando ser redactou o citado anteproxecto, a inclinación do teixo sobre o camiño era tan evidente coma correxible. Ao longo de todo este tempo esta inclinación foi indo a máis, e no canto de buscar unha solución segura para o exemplar e as propias persoas, o Concello optou por executar a talla.

81074783_503385360285369_8845588916816838656_n (1)

Nesta imaxe de hai uns meses vemos como a desidia e a carencia de actuación sobre o exemplar desembocou nunha perigosa inclinación do maxestuoso exemplar.

O teixo de Felipe de Castro paga as consecuencias da desidia do goberno noiés